9.6.16

CADROS COMESTIBLES

Para rematar as tarefas de cociña para este curso, así como o Proxecto de Centro sobre a pintura: Pintamos Moito, fixemos un cadro comestible. Falamos entre todos do que queríamos facer, que ingredientes necesitaríamos, estivemos na biblioteca vendo contos de receitas e libros de arte, de volta a clase comprobamos que precisábamos para facer a nosa obra, fixemos votacións e quedamos con algúns dos ingredientes que xa dixeramos, estivemos na cociña comprobando que cousas necesitábamos mercar, e ó día seguinte, comezamos a traballar. Empezamos facendo formas con fondant de cores, e descubrimos que, ó mesturar, aparecían cores novas. O día seguinte estivemos na cociña facendo o cadro e dividímonos en catro grupos de traballo. Cada grupo tiña una base de biscoito, e botáronlle ou marmelada de fresa ou nutella. Por riba colocamos as figuriñas de fondant e despois, de forma individual ,fixemos nun trociño de biscoito, a nosa propia obra de arte comestible, utilizando o biscoito sobrante e as figuras de fondant que decoramos tamén con rotus comestibles. Nese momento de traballo individual os cativos foron de un en un botándolle ó cadro nata coas mangas pasteleras e fideos de cores e de chocolate. PASÁMOLO XENIAL!!!!!!









hipocampillo's COCINA PROCESO album on Photobucket


Ningún comentario:

Publicar un comentario