Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Ao longo do mes de novembro implementamos o Laboratorio Documental para o alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.
O grupo 6 composto por: Santiago, Benito, Valentina, Ainoa, Uxía P., Daniel, Lara, Babel, Alejo e Mª Dolores; trataron a identidade dos libros: libros que nos achegan ás conmemoracións anuais, en novembro... á Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Asemade, tratamos a Formación de Usuari@s da nosa Biblio-LeoLab, en formato impreso e dixital.
O obxectivo final é completar, con preguntas e respostas arredor de Galicia, o noso xogo de produción propia, E ti, de quen vés sendo?, iniciado o pasado curso a raíz do noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
As preguntas e respostas, despois da recuperación de exemplares e tratamento da información, son recollidas na aplicación educativa Kahoot para achegarnos a un recurso dixital de gamificación.
Felicitar ao grupo 6 pola súa gran motivación e esforzo en cada sesión. Como agasallo final e peche do laboratorio levaron un marcapáxinas coa nosa CDU e código QR que enlaza á formación de usuari@s en liña, para ter sempre a man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario