26.10.24

LABORATORIO DE SON (O CAMIÑO DOS FAROS) PDI MEDICUS CURAT NATURA SANAT

 Os integrantes do grupo número 2 dos Laboratorios de Aprendizaxe foron os encargados de estrear o primeiro podasct no estudo de Radio Balea. Este grupo número 2 estaba composto por Anxo de 3º de Primaria, Aroa, Izan Sande e Janis de 4º, Valentina de 5º e Mara, Damián e Pablo de 6º de Primaria.

    Continuando co traballo iniciado o curso pasado do PDI Medicus curat, natura sanat a temática estaba relacionado coa natureza ou o medio natural, e dende o laboratorio de Son creamos un podcast sobre o Camiño dos Faros no que se fala tamén dalgunhas lendas e peculiaridades dos lugares por onde pasa este camiño.

Esperamos que vos guste e o desfrutedes!!!

Acceso á galería de imaxes clicando na primeira de abaixo👇



Podcasts creado no Laboratorio de Son (2º e 3º Ciclo) coordinado pole mestre Óscar Pérez

**O podcast está baseado no libro Rafael Lema (2020). Camiño dos Faros (Leyendas da Costa ds Morte). Colección Guiaburros ocio y tiempo libre.

GUIÓN:
  

           

25.10.24

PEQUELABORATORIO DE SON I (A MELLOR SOPA DO MUNDO)

    O primeiro grupo dos laboratorios de aprendizaxe dos máis cativos do cole (5º e 6º de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria) fomado por Paula, Álvaro, Mauro, Fabio, Mateo Ferreiro, Dayanna, Dani, Ángel, Alberto, Laia, Sabela, Manuela e Maira produciron o primeiro podcast deste curso 24-25 do pequelaboratorio.

O produto final foi a adaptación en audio con efectos sonoros do libro: Susana Isern & Mar Ferrero. A mellor sopa do mundo. OQO editora.

Unha bonita experiencia cun resultado moi moi bonito; escoitádeo porque merece moito a pena!!

Parabéns rapazada!!

                                           Accede á galería de imaxes clicando na seguinte👇



Podcast do Pequelaboratorio de Son coordinado pola mestra de Música Carmen Dor coa colaboración do mestre de Educación Física Óscar Pérez

19.10.24

Laboratorio Documental (3º a 6º de primaria): biblio-retos!

Presentación audiovisual do Lab. Documental 3º a 6ºEP_2024-25 de Fátima Romero Olveira

Un curso máis, iniciamos os laboratorios de aprendizaxe que nos son propios.

O Laboratorio Documental para o alumnado de 3º a 6º de primaria seguirá a desenvolver a formación de usuari@s, sendo competentes no uso da biblioteca e os seus recursos.

A liña do noso PDI e a temática elexida pola Asesoría BEGA, "Biblioteca escolar, a escena!", son eixes centrais dos biblio-retos que, mediante a presentación audiovisual, nos ocuparán ao longo do curso: 

A páxina "Recursos dixitais" do blog da biblio (apartado Kamishibai, ao final da páxina) tamén será de utilidade para coñecer diferentes programas de creación de historias, entre eles o uso da IA (Intelixencia Artificial) e desenvolver pensamento crítico sobre a mesma.

O produto final do laboratorio será reproducir a produción propia, creada no curso 2022-23 por todo o alumnado, en formato kamishibai.

O grupo 1 iniciou o laboratorio superando todos os biblio-retos para crear as dúas primeiras láminas do kamishibai.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos, que se irá
incrementando segundo os grupos vaian desenvolvendo o Lab. Documental

Volveremos publicar, en maio, o resultado final de todas as creacións ideadas polos 6 grupos de alumn@s no Laboratorio Documental. 

Ata entón, felices lecturas... en mil e un formatos!