19.2.25

IV LABORATORIO DE SON. G5. CONCIÉNCIATE. A IMPORTANCIA DA HIXIENE CORPORAL NA SAÚDE

 O grupo número 5 dos laboratorio de aprendizaxe locutou no laboratorio de son o seu podcast en Radio Balea. O produto final trata sobre a importancia que ten a hixiene corporal (mans, corpo, pelo, pes, boca...) para ter unha boa saúde e evitar enfermidades e afeccións.

O podcast trata contidos directamente relacionados co PDI ¨Medicus curat natura sanat¨, no que se pretende que o alumando teña máis contacto coa natureza e os hábitos saudables que xunto aos avances médicos da ciencia repercuten de maneira directa e positiva sobre a saúde. Un destes hábitos refírese á hixiene corporal e o grupo número 5 dos laboratorios de aprendizaxe da unha pautas moi claras para concienciar sobre a súa importancia.

Escoitádeo con atención!!

Acceso á galería de imaxes picando na de enriba ☝

13.2.25

1º e 2ºA_En Entroido... aula multisensorial!

Repetimos experiencias na aula multisensorial con recunchos de entroido: disfrazámonos, creamos, decoramos, construímos... experimentando cos cinco sentidos!

As aulas de 1º e 2ºA pasamos dúas xornadas do máis vivenciais e divertidas nun dos espazos creativos que conforman a nosa BE-LeoLab: espazos e recursos creativos ao servizo da comunidade e do currículo.

Premendo nos seguintes enlaces accederedes ao álbum de fotos de cada aula:

Seguro... repetiremos!

7.2.25

III PEQUELABORATORIO DE SON: IMAGINE

 Os integrantes do grupo número 2 dos laboratorios de aprendizaxe visitaron Radio Balea para gravar a súa particular versión da canción de John Lenon Imagine co gallo da conmemoración do día da paz no pasado 30 de xaneiro.

Os integrantes deste grupo son: Eiden e Iria de 5º de Infantil, Sofía, Letizia, Thiago e Noel de 6º de infantil, Leo, Sofía e Iago de 1º de Primaria e Catuxa e Sara de 2º de Primaria.

Compartimos o resultado final... moi bo traballado equipo!!!

Acceso á galería de imaxes picando arriba ☝