31.10.25

Laboratorio de imaxe 2º e 3º ciclo

 Este curso escolar, o alumnado que acude ao laboratorio de imaxe convértese en produtor, director e actor das súas propias producións audiovisuais. Relacionamos o laboratorio co noso PDI Marabillarte, encadrándoo no traballo e afondamento de dúas artes: a literatura e o cine. 

Literatura porque creamos booktráilers basados en libros da biblioteca do centro, para fomentar a súa lectura entre toda a comunidade educativa. Cine porque as nosas producións finais son curtametraxes e producións audiovisuais nas que o alumnado é 100% protagonista do proceso e do resultado.

Nesta proposta didáctica, cada grupo elabora un booktráiler e, no caso de que sobre tempo, un StopMotion. Na primeira sesión, aprendemos que son os booktráilers a partires dunha presentación que podedes ver a continuación clicando aquí. Despois, dividimos ao alumnado do laboratorio en dous grupos, len o libro, elaboran un pequeno resumo del e comezan a elaborar o guion gráfico. Na segunda e terceira sesión, producen o seu booktráiler e StopMotion. 

A continuación podedes ver as producións finais dos diferentes grupos dos laboratorios:

Clica nas imaxes para poder acceder aos vídeos!

Grupo 4 (setembro/outubro):

    

Grupo 3 (outubro/novembro):

      



            

Cabazas creativas por Samaín!!

 Este ano, co gallo do Samaín, e moi en relación co noso PDI "Marabillarte", cada aula decidiu crear unha cabaza creativa e colaborativa. Unha vez rematada, a baixaron á planta baixa para a súa exposición.

Este cole non deixa de MARABILLARNOS!

Algúns exemplos dos procesos e produtos finais os podedes observar no blogue dos Baleatos, con producións de 3º de primaria e 4º de primaria!

Podes acceder á proposta de cada aula clicando na imaxe da exposición.



15.10.25

LABORATORIO DE SON (3º a 6º E.P.)

Benvidos e benvidas un ano máis a Radio Balea.

Neste primeiro Laboratorio de Son aprendemos sobre deportes alternativos co grupo 2 composto por: Manuela Carrillo, Ángel Casar, Ainara Costa, Diego Recarey, Emma González, Andrea Pérez, Martina Chouciño, Xulia Ordóñez, Martín Veiga, Olivia González e Benito Varela. 

Os nenos e nenas aprenderon como xogar a deportes diferentes aos habituais. Neste caso, despois de realizar unha pequena investigación, decidimos aprender sobre os seguintes deportes: 

A continuación, compartimos o podcast que elaboraron os nenos e nenas.

Parabéns polo traballo realizado!





Fai clic na imaxe para ver as fotografías