As
actividades do COOk-LAB estarán repartidas en tres sesións cunha
duración aproximada de hora e media cada unha.
1ª
SESIÓN:
o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria (3º-6º)
estará dividido en grupos de (12alumnos/as) para acudir os
diferentes laboratorios.
No
COOK-LAB dividirase en tres grupos de catro alumnos; cada grupo
estára composto por un alumno de cada curso de 3º ata 6º.
Nesta
primeira sesión lévase a cabo unha pequeña explicación en inglés
do que se vai facer neste laboratorio e das normas de seguridade a
seguir.
Tamén
se tomará nota dos alumnos que teñan algunha alerxia ou
intolerancia a algún alimento co fin de evitar danos na saúde dos
alumnos afectados.
Seguidamente
preguntareille os alumnos sobre a súa dieta, se teñen unha
alimentación saudable e a importancia dos hábitos saudables tanto
na alimentación coma no exercicio físico para evitar a obesidade.
Mostrareille
a pirámide alimenticia e comentaremos entre todos os tipos de
alimentos e a súa influencia na nosa saúde.
Comentaremos
tamén sobre as tarefas domésticas, quén as fai na súa casa, qué
fai o alumno para axudar etc.
Por
último cada grupo usará unha tablet para buscar unha receita de
cociña ; unha vez elexida a receita por grupo escóllese a máis
votada e escribese na libreta; despois elaboraremos unha lista de
compra dos ingredientes necesarios para a receita en inglés e en
español.
2º
SESIÓN: nesta
sesión lemos e traducimos oralmente primeiro e logo por escrito a
receita escollida por eles e despois pasamos a súa elaboración
directamente pois o tempo e moi xusto.
Cada
alumno fai unha tarefa de maneira que todos participen na preparación
dos ingredientes, no cociñado na degustación e por último na
limpeza de todos os utensilios usados e tamén das instalacións
Mestres
se cociña a receita os alumnos fan unha lista cos ingredientes
usados co título FOOD VOCABULARY en inglés e español e outra lista
cos utensilios usados para elaborar a receita co título KITCHENWARE;
Tamén fan outra lista cos verbos das accións realizadas co título
COOKING VERBS. Para traducir usarán as tablets.
Unha
vez rematada a degustación os alumnos reparten unha pequeña cata o
que lle resulta moi gratificante e motivador xa que ven reconocido o
producto do seu traballo tanto polos profesores coma polos
compañeiros.
Para
documentar a actividade sacarei fotos dos alumnos elaborando as
receitas e tamén do resultado final. Tanto coa tablet coma coa
cámara.
3ª
SESIÓN: nesta
sesión preséntolle os alumnos unha receita inglesa ou americana
Pegan a receita na súa libreta e pasamos a súa elaboración.
Primeiro
leena e traducena oralmente e por escrito. Despois xa empezamos a
preparación dos ingredientes, o cociñado, a degustación e
finalmente a limpeza.
Mentras
se leva a cabo o cociñado falamos das comidas de outros países e
comparámolas coas nosas.
Volvemos
a facer as listas de FOOD VOCABULARY cos ingredientes usados,
KITCHENWARE utensilios de cociña empregados , COOKING VERBS acción
realizadas na elaboración da receitas.
Por
último facemos a degustación, repartimos una pequeña cata e
limpamos o material e as instalación.
Cada
vez que un grupo remata as tres sesións facemos unha valoración
das tarefas realizadas no laboratorio de cociña, o que lle gustou
máis o que lle gustou menos, o que cambiarían etc.
Accede á galería de imaxes premendo na fotografía: