No día de onte, celebramos a III Feira LeoLab retomando a ensencia dos seus inicios: todo o alumnado do cole dividido en grupos interniveis realizaron, nos diferentes espazos do centro, actividades STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) relacionadas coa temática do noso PDI, Galicia.
Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: FEIRA LEOLAB.
Estas foron as actividades que realizaron:
Intelixencia Artificial (IA): a nosa serea lectora, Leo, deixou unha caixa para ordear e ilustrar o noso conto de produción propia "O maior tesouro" usando unha aplicación de IA e pechar a actividade reflexionando sobre o uso da mesma, partindo das preguntas que nos deixou Leo.
Lectura de códigos QR: realizar o camiño de Santiago mediante a lectura de códigos QR para atopar a dirección correcta que nos indica como chegar á catedral.
Aturuxo por pistas: esta actividade consitiu en grabar cada grupo a súa propia canción usando un Looper que lles permitía grabar moitos instrumentos de maneira secuenciada e improvisar por enriba.
Animation maker: a partir dun debuxo feito por eles, sacábanlle unha foto e coa aplicación marcaban os puntos de articulación para darlles movemento.
Electrónica con plastilina conductiva: crearon un circuíto sobre unha plantilla de faros marítimos con plastilina conductiva que iluminaba a luz do faro cun led.

Chaveiros forneados: con papel retráctil, nenos e nenas facían un debuxo que se encollía no forno da aula de cociña e remataban en forma de chaveiro para levalo para a súa casa.
Enxeñaría manipulativa: construcións con pauíños como aristas e plastilina como vértices.
Foguete espacial: cunha botella de refresco fixeron un foguete espacial e para que voara enchéronno de auga e aire a presión (Lei de Newton).
Ondas saltarinas: forrando un altofalante con plástico e botando arroz enriba, as ondas sonoras fan que os grans salten.
Investigando: búsqueda, selección, organización e comunicación da información en relación con animais de Galicia e usando a aplicación "ChatterPix Kids" para darlles vida.
Efecto dominó: o alumnado formou un efecto dominó seguindo a silueta de diferentes monumentos de Galicia.
Stopmotion: gravación dunha curta de animación coa técnica de stopmotion relatando o percorrido do Camiño de Santiago de Muxía e Fisterra.
SuperDoc: o alumnado tiña que elexir un itinerario por Galicia e programar ao robot para que realizara dito camiño cunha soa orde.
Tinta invisible: colorearon con tinta invisible os monumentos máis representativos de Galicia para logo situalos no mapa.
Xogando co magnetismo: os imáns foron protagonisas desta actividade na experimentaron co magnetismo.
Un dos experimentos que máis éxito tivo foi o foguete, polo que vos deixamos un pequeno vídeo:
