29.5.24

Lab. Documental: grupo 2 (2º e 3º ciclo EP)

Lab. Documental
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Finalizamos o 3º trimestre, e os laboratorios por este curso, implementando o Lab. Documental co alumnado de 2º e 3º ciclo de EP

O grupo 2 composto por: Rita, Gabi, Aroa, Juan, Valentina, Andrea, Carlos, Celia, Alejandro, Ainhoa e Mara P.; desenvolveron a formación de usuari@s e o PDI que nos ocupa.

Os cadernos-informe, como recursos materiais, facilitaron a implementación do laboratorio: organización e catálogo da biblioteca, CDU, identidade dos libros, búsqueda e recuperación de exemplares; así como o tratamento de emocións/sentimentos en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", no mes de maio... o humor!

Pechamos o laboratorio elaborando dúas nubes de palabras, mediante a aplicación Menti Meter, relacionadas con: Faime rir.. e CDU. Nubes que nos permiten traballar o autocoñecemento: pensar, opinar e valorar o humor, como emoción necesaria, e as nosas preferencias lectoras.

A seguinte imaxe reflicte a nube de palabras relacionada co PDI: Faime rir... cóxegas, amigos, bromas, o importante é ter bo humor e... sentido do humor!

Lab. Documental

Un laboratorio do máis... emocionante!

O vindeiro curso, máis aprendizaxes en acción.

16.5.24

Premiad@s: VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio

Premio VI Concurso Podcasts-Radio na biblio

Estamos en hora boa, o podcast de 6º de educación infantil resultou premiado no VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio cunha produción propia a modo de concurso que percorre a biografía de Luísa Villalta e co acompañamento do acordeón de Suso Moreira.

O podcast será difundido na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio e a asignación do premio (1.250 €) será destinada, tal e como recolle a convocatoria do concurso, a melloras no laboratorio de radio ou actividades relacionadas co seu funcionamento, sempre vinculado á biblioteca do centro. Escoitade con atención se a Luísa Villalta queredes coñecer e ata podedes probar, a ver se sodes quen de respostar:

Acceso a memoria do proxecto 👉 MEMORIA ¨Xogando cos violinos¨ 

A aula de 4º de primaria tamén presentou ao concurso o seu podcast "Luísa Villalta, nós tamén somos activistas", que a modo de entrevista fantástica destaca a figura de Luísa Villalta, a súa implicación social e gran activismo; o mesmo que demostra o grupo de 4º desenvolvendo diversas tarefas e proxectos relacionados co coidado do medio, a reciclaxe... mellor escoitalos, porque teñen moito que contar:

PARABÉNS A TOD@S! Producións propias que xa forman parte dos programas de Radio Balea, a Radio na Biblio do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños.

Ligazóns prensa:

Xunta.gal

La Voz de Galicia

Diario de Bergantiños

10.5.24

PEQUELABORATORIO DE SON: PODCAST 1 ( PDI MEDICUS CURAT NATURA SANAT) / PODCAST 2 (O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E LUÍSA VILLALTA )

 O derradeiro grupo do pequelaboratorio de Son pasou por Radio Balea para gravar dous podcasts (Sobre o PDI Medicus curat, natura sanat) e sobre o Día das Letras Galegas, tratando a figura da escritora homenaxeada Luísa Villalta.

O resultado son dous podcast frescos e espontáneos onde os nenos e nenas falaron sobre temáticas diversas como os hábitos saudables, os plans na natureza, o Prestige, o NON A GUERRA, a resolución pacífica de conflictos e outros temas relacionados co activismo de Luísa Villalta.

Gran traballo rapazada!! escoitadeos con atención !!


Para acceder á galería de imaxes, clicar na seguinte:
👇👇👇👇👇

5.5.24

Formación Biblio Creativa: Tale-Bot

Pechamos as formacións de Biblio Creativa, impartidas por Maker Store, coa robótica.

Unha xornada na que o alumnado de infantil, da man de Cati, descubriu os múltiples robots que nos acompañan no día a día (lavadoras, aspiradoras...) e descubriu con Tale-Bot un mundo de animais, reciclaxe e arte.

Biblio Creativa
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Tale-Bot, un robot, que lles permitiu achegarse ao mundo da programación e a secuenciación: organización do pensamento, resolución de problemas e creatividade.

O vindeiro curso, na nosa biblio... máis creatividade en acción!