14.11.24

II LABORATORIO DE SON. PRIMEIROS AUXILIOS

 O grupo número 1 dos Laboratorios de Aprendizaxe pasou polo laboratorio de son para gravar un podcast que xirou en torno aos primeiros auxilios. Trataron a importancia de coñecer a secuencia PAS cando exista un accidente (Protexer, Avisar e Socorrer), así como o número de emerxencias (112).

Despois explicaron o procedemento a seguer en función do accidente (queimaduras, traumatismos ou feridas) que poden ocorrer no día a día do colexio.

Parabéns a Bruno, Carlos, Marco Ures, Martín Martelo, Alexia, Noa, Miia, Leo Cousillas e Adrián polo resultado!!!



7.11.24

Biblio creativa con... Anxo Fariña!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos, que inclúe vídeo

No día de hoxe, visitounos Anxo Fariña para desenvolver a formación de biblioteca creativa:

  • "Divermonstros" foi o obradoiro dirixido ao alumnado de 6º de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. Pasárono... de medo!
  • "Cidade Violeta" foi o obradoiro dirixido ao alumnado de 4º e 5º de educación primaria. Creando e concienciando.
  • "Ilustración" foi o obradoiro dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria. Técnicas e pequenos trucos para ser grandes ilustradores/as.
Agradecemos a Anxo o seu bo facer e o lote de libros que nos deixou a modo de agasallo para ampliar os nosos fondos; así como as súas ilustracións e dedicatorias.


Todo un éxito contar con profesionais tan expertos coma Anxo Fariña. Moita aprendizaxe creativa e divertida, repetiremos!

5.11.24

Recreos na biblio e no LeoLab!

 Este mes de novembro comezamos con novidades no Leo-Lab! 

No recreo, ao acudir a este espazo, as nenas e nenos poderán solicitar realizar un "Reto Leo-Lab" á mestra responsable. Cada 6 retos conseguidos, recibirán un agasallo elaborado coa impresora 3D do cole. 

Deste xeito, as cativas/os irán descubrindo novas posibilidades de xogo cos materiais dispoñibles.

Así, ao chegar na hora do recreo, o alumnado terá a posibilidade de decidir se quere facer un reto ou ben xogar libremente.

Clica na imaxe para acceder á galería de imaxes deste curso!