28.5.25

VI LABORATORIO DE SON (Millainforma_despedida Radio Balea) G3

 O alumnado do grupo número 3 dos Laboratorios de Aprendizaxe gravou en Radio Balea o VI podcasts correspondente ao Laboratorio de Son.

O podcast correspóndese ao programa Millainforma e fai un resumo das principais iniciativas que se fixeron dende Radio Balea ao longo deste curso.

Algunhas das actividades máis destacadas foron a continuidade dos biblioaxudantes de 5º na Radio, o podcast conmemorativo polo Dia Mundial da Radio, o pequelaboratorio, o Laboratorio de Son de maiores, a participación no evento internacional polo 30ª aniversario de Ponte nas Ondas, a participación no VII concurso de podcasts Radio na biblio e no VII premio ¨O vello dos contos¨, as xornadas de entrevistas polo Día das Letras Galegas, a gravación de coplas, o obradoiro de Radio por Damián...

Compartimos o derradeiro podcasts deste curso tan emocionante e cheo de experiencias!!


                                                acceso á galería de imaxes picando na de enriba ☝

25.5.25

Laboratorio documental (5º E.I. - 2º E.P.)

Rematamos os laboratorios de aprendizaxe con gran éxito e este é o resumo do laboratorio documental dos máis pequenos (5º E.I. - 2º E.P.). Xirou  sobre a creación dunha historia partindo dunha máquina de historias (máquina de escribir). A primeira pregunta que nos plantexamos foi “que precisamos para crear unha historia?”, despois realizamos diferentes xogos e pescudas pola biblioteca para decidir onde vai ocorrer a nosa historia, cales son as personaxes, en que tempo e que lles pasa. Con todo elo cubriron cada alumno/a un caderno-informe e crearon as súas propias historias por equipos. Finalmente, empregamos unha aplicación de intelixencia artificial para crear outro conto e así poder apreciar as diferencias. Podedes ver as fotos de todos os grupos premendo no seguinte enlace: laboratorio documental.


Laboratorio Documental de bibliotecamilladoiro