0nte estreamos a cociña do cole elaborando unhas ricas galletas, algunhas quedaron un pouco chamuscadas, outras estaban boísimas e outras non estaban demasiado ricas, pero traballamos un montón, xogamos coa masa, medimos cantidades, aprendimos as normas da aula de cociña, e sobre todo pasámolo en grande mesturando os ingredientes e manchándonos coa fariña, foi moi divertido así que esto é só o principio, e nalgunhas receitas daredes conta delas!!!
Receita das galletas
Ingredientes:
- 100 gramos de manteiga
- 50 gramos de maicena
- 100 gramos de fariña
- 50 gramos de azucre
Preparación:
1- Introduce todos os ingredientes e mestúraos.
2- Despois vai collendo anacos da masa e dalles forma de galleta.
3- Fornéaas a 180º durante 15 minutos.
4- Déixaas arrefriar un pouco e xa están listas para comer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario