Iniciando o 2º trimestre co Laboratorio Documental prantexámonos a necesidade de
ofertar un recurso interactivo para a Formación de Usuari@s e para asentar o
concepto
BE-LeoLab Milladoiro, evolución paulatina que tivo un gran pulo ao acollernos ao plan
centros LIA.2
e que posibilitou a extensión da Biblioteca en diferentes espazos creativos por
todo o colexio.
Reforzamos, pois, a Formación de Usuari@s iniciada no 1º
trimestre con este panel interactivo da nosa Biblioteca que recolle
funcionalidades, entre outras, coma:
- Exploración da organización espacial (etiquetas en cada
letreiro alfabetizado ou numérico)
- A nosa CDU con iconas inclusivas para
facilitar a localización e recuperación de exemplares (páxinas interactivas con
diferentes iconas)
- Punto de autoempréstito (ventá con información básica)
- Picando na serea Leo repaso dos diferentes espazos creativos que acollen as
coleccións catalogadas coa icona da CDU correspondente.
Este recurso foi
elaborado polo equipo Tecnolóxico e o equipo de BE-DL baixo a coordinación da
Xefatura de estudos.
Unindo bo facer, esforzos e saber nacen xoias coma esta para o noso
alumnado, para a nosa comunidade educativa.
