Hoxe inauguráronse, un curso escolar máis, os laboratorios de aprendizaxe.
Os nosos laboratorios de aprendizaxe facilitan e favorecen que o alumnado sexa protagonista das súas aprendizaxes e o profesorado oriente e guíe todo o proceso.
O profesorado propón a creación de espazos e recursos creativos que requiren da renovación de prácticas educativas e dunha nova organización de persoal, tempos..., que nos permita seguir transitando o camiño cara unha educación, pública e no rural, inclusiva, equitativa e de calidade (ODS 4 da Axenda 2030).
Os laboratorios divídense en dous grandes grupos: os pequelaboratorios e os laboratorios dos maiores.
Así, no primeiro grupo participa alumnado de 5º e 6º EI e 1º e 2º EP. Mentres tanto, nos laboratorios dos maiores, participa todo o alumnado de 3º a 6º EP.
PEQUELABORATORIOS:
1. Laboratorio documental: o alumnado aprende a crear historias a partir de preguntas, mediante o uso da máquina de escribir do centro.
2. Laboratorio de radio: o alumnado crea pequenas producións radiofónicas coa axuda dos mestres/as encargados.
3. Laboratorio de imaxe: o alumnado elabora un bingo sobre diferentes temáticas e xoga cos robots educativos do centro.
4. Laboratorio creativo: o alumnado elabora cadros da árbore da vida con pintura de dedos.
5. Laboratorio experimental: o alumnado investigou sobre as plantas, sementes e material necesario para coidar da nosa horta escolar.
LABORATORIOS DE MAIORES:
1. Laboratorio documental: o alumnado leva a cabo mini-retos relacionados co kamishibai, para logo crear unha historia como produto final.
2. Laboratorio experimental: o alumnado elabora perfumes a partir de diferentes plantas.
3. Laboratorio de radio: o alumnado elabora pequenas producións finais radiofónicas guiadas polos mestres/as encargados.
4. Laboratorio de imaxe: o alumnado fai unha introdución ao funcionamento de Scratch e Micro:Bit.
5. Laboratorio creativo: o alumnado elabora bolsas de tea cos seus propios deseños.
6. Cooklab: o alumnado elabora diferentes receitas, practicando o vocabulario en inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario