27.3.25

Coñecendo a... Photon Robot!

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, grazas ao orzamento do Programa Innova, coñeceu e experimentou con Photon Robot, un novo recurso da nosa biblio creativa.

Da man de Flor, de Maker Store by Allknow de Carballo, programaron a Photon Robot para chegar a diversas emocións que foron descubrindo mediante un relato contado.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Seguimos ampliando recursos e formación en programación e intelixencia artificial para mellorar o ser e o saber... facendo!

 

13.2.25

1º e 2ºA_En Entroido... aula multisensorial!

Repetimos experiencias na aula multisensorial con recunchos de entroido: disfrazámonos, creamos, decoramos, construímos... experimentando cos cinco sentidos!

As aulas de 1º e 2ºA pasamos dúas xornadas do máis vivenciais e divertidas nun dos espazos creativos que conforman a nosa BE-LeoLab: espazos e recursos creativos ao servizo da comunidade e do currículo.

Premendo nos seguintes enlaces accederedes ao álbum de fotos de cada aula:

Seguro... repetiremos!

7.2.25

III PEQUELABORATORIO DE SON: IMAGINE

 Os integrantes do grupo número 2 dos laboratorios de aprendizaxe visitaron Radio Balea para gravar a súa particular versión da canción de John Lenon Imagine co gallo da conmemoración do día da paz no pasado 30 de xaneiro.

Os integrantes deste grupo son: Eiden e Iria de 5º de Infantil, Sofía, Letizia, Thiago e Noel de 6º de infantil, Leo, Sofía e Iago de 1º de Primaria e Catuxa e Sara de 2º de Primaria.

Compartimos o resultado final... moi bo traballado equipo!!!

Acceso á galería de imaxes picando arriba ☝

15.1.25

Grupo 6 Laboratorio de Son. Millainforma: Actividades na natureza

 O grupo número 2 dos laboratorios de aprendizaxe visitou as instalacións de Radio Balea para gravar 3 podcasts:

O primeiro día coñecemos as particularidades da radio e fixeron as entrevistas no programa inicial ¨Coñecémonos¨, o segundo día fixeron dous grupos de 6 persoas cada un; un grupo fixo un podcast relacionado con actividades no medio natural e outro un pequeno relato teatral.

O terceiro día, o grupo xa completo gravou un podcast adicado á importancia dunha boa alimentación para ter saúde.

Compartimos os tres podcast e non podemos máis que darlle os parabéns polo bo traballo.

Seguide así rapazada!!

Para acceder ás fotos do grupo 6, premer na imaxe 👆

8.1.25

II PEQUELABORATORIO DE SON. Maruxa de Eva Mejuto

 O Grupo número 1 dos laboratorios de aprendizaxe dos máis pequerrechos do centro pasaron por Radio Balea para gravar o seu podcast no pequelaboratorio de son.

O grupo estaba composto por Nerea, Juán, Marco Antelo, Lucía, Mateo Suárez, Xandre, Miguel, Saúl, Yaiza, Mateo Vila, Uxía, Iker, Mateo Carrillo, Valentino e Pedro.

O resultado foi unha adaptación do libro de Eva Mejuto ¨Maruxa¨que de seguro que non vos deixará indeferentes.

Parabéns grupazo!! fixéchedes un traballo fenonenal!!


Acceso á galería de imaxes picando na de enriba👆