O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitou as instalacións do Leolab para realizar diferentes xogos, entre eles un novo que nos gustou moito que son as carreiras de coches cos dados. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Leolab.
Laboratorios de aprendizaxe do CEIP Milladoiro. Espazos e recursos creativos para TOD@S nos que SER, FACER, SABER e CONVIVIR.
17.11.21
10.11.21
Laboratorio Documental - Formación ( 4º -5º EI)
Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.
Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.
Hoxe foi a formación de 4º e 5º de Educación Infantil da man da profe Belén, que non ensinou as normas da biblioteca, explicounos a súa organización e dinamizou unha búsqueda do tesouro adaptada a cada unha das clases, para coñecer os distintos espazos. Rematamos a sesión coa lectura dun conto que nos deixou a Serea Leo!
Premendo na imaxe tedes acceso ó álbum de fotos!!
28.10.21
4º_Lab. de cociña: doces lendas
No laboratorio de cociña con diferentes materiais: cartolinas negras, siluetas dos seres mitolóxicos e azucre glass... creamos por equipos as nosas lendas para contar ao resto de compañeiros/as, sen borrador previo, sen correccións, tomando a palabra en directo.
No vídeo tedes un exemplo do creado e premendo no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos da sesión.
Fotos: Doces lendas!
27.10.21
Lab. Documental: XII Semana das Lecturas Terroríficas
Presentamos os produtos finais do Laboratorio Documental, que implementamos ao longo deste mes de outubro, arredor das nosas tradicións orais: cantigas, refráns, lendas... e recollido na proposta de actividades do 1º trimestre.
Este curso, ao igual que o pasado, non temos a posibilidade de celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca; mais non perde a súa esencia e seguimos a conmemorar un Samaín lector en diferentes formatos e soportes.
Premendo nos seguintes enlaces podedes desfrutar das producións de cada nivel:
- 5º E. Infantil: tradición oral malpicana
- 6º E. Infantil e 1º E. Primaria: lendas
- 2º E. Primaria: cantigas
- 3º E. Primaria: lendas
- 4º E. Primaria: lendas
- 5º E. Primaria: lendas
- 6ºA E. Primaria: lendas
- 6ºB E. Primaria: lendas
Parabéns a todas e todos polos fantásticos produtos finais!
Celebramos un Samaín... lendario!
25.10.21
Laboratorio Documental: formación
Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, co alumnado de 2º e 3º ciclo de E. Primaria, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.
Premendo na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos das sesións.
Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.
A pasada semana foi a quenda do alumnado de 2º de Primaria, que xunto co alumnado de 1º de Primaria e de E. Infantil, irán tratando a Formación de Usuari@s para os primeiros niveis: normas da Biblioteca, historia da serea Leo, espazos...
Deseguro os produtos finais de todos e todas serán... lendarios!
Pondo cara a... 18 Escritoras Galegas!
Co gallo da conmemoración do Día das Escritoras (18 de outubro) e o tan próximo Día das Bibliotecas (24 de outubro) unimos ámbalas dúas celebracións a través da Tarefa Integrada a desenvolver no Laboratorio Documental, o cal estamos a implementar este mes de outubro.
Baixo o título "Pondo cara a...18 Escritoras Galegas" o alumnado porá en práctica a Formación de Usuari@s da nosa Biblioteca e a Alfabetización en Información para asociar cada título, cada nome e apelidos á imaxe da escritora correspondente.
Premendo na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos que as aulas irán subindo segundo vaian realizando a tarefa ao longo da semana.
A seguinte imaxe forma parte da proposta que se entrega ás aulas, premendo na mesma accederedes á información.
21.10.21
Lab. de Son_Que sabemos de Malpica?
Todo proxecto comeza cunha pregunta inicial que é QUE SABEMOS?, así que para comezar o noso PDI, bianual, o alumnado de diferentes niveis implementou o Laboratorio de Son para recoller que sabemos da nosa vila.
De seguido podedes escoitar os diferentes podcasts que se realizaron na nosa Radio Balea, a radio nas ondas!
9.10.21
Martes robóticos: escornabots ( 6º EI)
Nas últimas sesións continuamos traballando cos escornabots, xogando con eles e analizando que cousas importantes temos que ensinarlles a toda a Comunidade Educativa.
Tras moito practicar, xa temos creado o noso vídeo sobre escornabots.
Unha vez que teñamos varios vídeos feitos, aprenderemos a crear códigos QR para elaborar o mural de titoriais no Leolab.
Titorial escornabots - Kizoa Movie Maker
16.9.21
MARTES ROBÓTICOS ( 6º EI)
Durante este curso, o alumnado de 6º EI realizará a actividade os martes robóticos, nos que coñeceremos os distintos recursos da nosa Biblioteca Creativa, sobretodo do Leolab, e gravaremos vídeos-titorais para elaborar un panel con códigos Qr, de forma que toda a Comunidade Educativa teña acceso á información necesaria para utilizar calquera recurso do que dispoñemos no centro.
Están moi ilusionados/as, pois din que serán Youtubers!!!
Para poder realizar o vídeo precisamos primeiro xogar e coñecer moi ben o recurso, así que man á obra:
Este martes comezamos as nosas sesións coñecendo o ESCORNABOT: as súas partes, plantillas e desprazamentos.
Cando estabamos xogando co escorna na plantilla démonos conta de que non coincidía o movemento coas cuadrículas da mesma. Así que pensamos... Porque?
O escornabot anda menos que o que mide cada cuadrícula da plantilla, así que medimos as cuadrículas e o desprazamento do escorna utilizando unha regra: A plantilla que utilizamos era de cuadrículas de 15 cm e o escorna anda 10 cm.
Así pois, para xogar con este escorna precisamos unha plantilla con cuadrículas de 10cm. Pensamos...Onde pode haber plantillas? NO LEOLAB!!!!
O próximo martes xogaremos e comezaremos a preparar todo para poder gravar o vídeo-titorial!!
23.6.21
Feira LeoLab para tod@s!
Este curso de pandemia a implementación dos laboratorios de aprendizaxe sufriu reorganizacións e readaptacións; mais o novo concepto BE-LeoLab non se estancou, se non que demos continuidade ao uso dos seus recursos e espazos creativos.
Para pechar este singular curso acordamos substituir a nosa Feira de Ciencia e Tecnoloxía por unha Feira LeoLab na que durante tres días todo o alumnado participou nos laboratorios desenvoltos nos diferentes espazos.
Dende o mércores 16 ata o venres 18 de xuño, todas as aulas de Primaria, agás 5º EP que xa ten desdobre, dividíronse en subgrupos e organizamos os recursos materiais, espaciais e persoais para que cada grupo pasara polos diferentes laboratorios, e se achegaran á diversidade de recursos documentais, audiovisuais e tecnolóxicos dos que dispoñemos na nosa BE-LeoLab.
Premendo nos seguintes enlaces poderedes visualizar o álbum de imaxes de cada laboratorio:
Laboratorio Documental
Laboratorio Robótico
Laboratorio de realidade aumentada
Laboratorio de cociña
Laboratorio makey makey
Laboratorio de construcións
Laboratorio audiovisual (chroma)
Laboratorio scape room
Laboratorio 3D
En E. Infantil, tamén realizamos desdobres e desfrutaron de 4 laboratorios:
Laboratorio robótico
Laboratorio científico
Laboratorio de luz
Laboratorio creativo
5.6.21
Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!
Os produtos do laboratorio, Axenda 2030 e Medio Ambiente, conforman a exposición final; unha exposición coa que tamén conmemoramos o Día do Medio Ambiente a través de maquetas/construcións ecolóxicas, creativas e únicas que reflicten o mundo de aprendizaxes desenvoltas ao longo do curso, aprendizaxes de vida.
Parabéns, unha vez máis, a tod@s pola vosa creatividade, pola vosa sensibilidade coa diversidade de mundos, persoais e sociais, cos que coexistimos.
Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.
O vindeiro curso navegaremos nun novo mar de aprendizaxes compartidas, sempre coa visión nítida de tod@s de que a construción dun mundo mellor é posible se cada un/unha de nós aporta o seu gran de area na singradura da vida.
3º_Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!
Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Ideas que complementa o Laboratorio de Son: o mundo escríbese...con X!
Atendendo ao noso PDI Visión 3C en relación coa Axenda 2030 e o Día do Medio Ambiente, que se celebra no día de hoxe, construímos por equipos 4 maquetas/construcións ecolóxicas e creativas.
Pechamos un curso de experiencias compartidas arredor, entre outros, dos laboratorios de aprendizaxe.
O vindeiro curso seguiremos divertíndonos aprendendo!
4.6.21
Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle
Pechamos o curso 2020/21, adaptando o lema proposto dende a Asesoría de BE ao noso proxecto de colexio, coa inauguración do mural...
Xeografía lectocreativa Milladoiro: Leohle
que recolle os espazos e recursos que usamos ao longo do curso e que nos acompañará, ano tras ano, para seguir consolidando o concepto BE-LeoLab: a Biblioteca entendida como centro de recursos e espazos creativos ao servizo da aprendizaxe e para tod@s.
Reflectimos a xeografía da nosa BE-LeoLab a través dunha árbore pola súa representación do natural, polo seu significado ancestral en diversas culturas: árbore do coñecemento, árbore da sabiduría, árbore da familia, árbore da vida, árbore de creación e protección...e porque todas as pólas medran en diferentes direccións, mais todas se alimentan e medran grazas á mesma raíz: a Biblioteca Escolar.
Para elaborar o tronco e as follas de cada copa reutilizamos os libros expurgados, as imaxes de cada espazo creativo son as que compoñen a nosa Formación de Usuari@s en liña e coa colaboración da comunidade: forrando a parede, picando as follas, conformando a pila de libros-tronco, rotulando os carteis ou realizando a montaxe da árbore; obtemos o fantástico resultado que podedes ver na imaxe.
Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.
Un ilustrativo e creativo mural construído por e para tod@s!
17.5.21
Laboratorio de Son e Letras Galegas
Presentamos en formato audiovisual os produtos finais do Laboratorio de Son adicado a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030: o mundo escríbese...con X!
Ante a imposibilidade de poder celebrar na nosa Biblioteca, coma cada curso escolar, o Festival das Letras este vídeo fainos sentir xunt@s reflectindo as experiencias poéticas e constructivas que se fraguan en cada grupo-clase na procura dun mundo mellor e se crearon implementando o penúltimo laboratorio de aprendizaxe do curso.
Non puidemos ter mellor mentora, no noso Mes das Letras, que Xela Arias: aquela nena de Sarria, aquela muller libre, inconformista, comprometida, rebelde vital e literaria.
Parabéns a tod@s, un laboratorio emocionante, creativo e moi, moi constructivo!
Seguimos...co último laboratorio do curso, o Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!
3º_Mes das Letras e Lab. de Son
Presentamos o vídeo-resumo do proceso de desenvolvemento do Laboratorio de Son no que conmemoramos as Letras Galegas 2021 adicadas a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030.
Un laboratorio emocionante e moi productivo grazas ao traballo en gran grupo, por equipos no que integramos, ao longo do noso Mes das Letras, os ámbitos lingüístico e científico a través de diversas tarefas, así:
- Achegámonos á autora homenaxeada a través de diferentes exemplares da nosa Biblioteca, portofolio individual, recursos en liña e recursos audiovisuais.
- Plantamos...ideas naturais! no Laboratorio de Ciencias, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, reciclando ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaros, alpiste, coma semente. Dándolle vida ao testo obtemos unha cabeza da que medran ideas moi, moi naturais!
- Ideamos a nosa produción propia escrita Construíndo un mundo mellor! con versos de Xela Arias e versos da nosa creación en relación con algúns dos ODS da Axenda 2030 que tratamos ao longo do curso.
- Confeccionamos a manualidade Día da Familia 2021, destacando a nosa produción propia e versos de Xela Arias.
- Reciclamos coas caixas Xunt@s 3.21 construirtiX contando así con materiais de refugallo para a creación no Lab. de Ideas que formará parte da exposición final do PDI Visión 3C.
- Elaboramos, MateCreando, a última exposición de aula Letras Galegas 2021. Lab. de Son e Lab. de Ideas.
- Gravamos o programa Festexamos: o mundo escríbese con X , que podedes escoitar a continuación.































