Laboratorios de aprendizaxe do CEIP Milladoiro. Espazos e recursos creativos para TOD@S nos que SER, FACER, SABER e CONVIVIR.
26.12.16
1.12.16
29.11.16
27.11.16
Aniversarios de outubro e novembro
Para celebrar os aniversarios fixemos unha receita...Pastel de castañas!!! Estaba boísimo e non sobrou nada!!!Moitas felicidades Alonso, Antía e Iker, xa tedes 5 anos!!!!
24.11.16
31.10.16
PANTASMAS DE CHOCOLATE
O pasado xoves quixemos festexar o Samaín cunhas ríquisimas piruletas de pantasmas. Para iso fumos a cociña e investigamos como poderíamos convertir unha onza de chocolate branco nunha pantasma, despois de darlle moitas voltas e incluso algún un pequeno mordisquiño... alguén propuxo que tiñamos que derretir o chocolate, así que nos puxemos a traballar. Todas as imaxes as podedes ver premendo no seguinte enlace: piruletas de pantasmas.
4.10.16
ANIVERSARIOS DE ALEXIS E ADRIÁN
29.6.16
25.6.16
TARTA DE CUMPREANOS
Despois de preguntarme toda a semana cando era o meu cumpreanos, por fin chegou o día e nada menos que festexalo cunha festa. Para elo tíñamos que facer a tarta, cada un dixo como a quería e fumos a biblioteca investigar que receitas eran máis doadas de facer.
Encontramos varias e todas tiñan unha pinta estupenda, así que decidimos facer un biscoito e decoralo con diferentes cousas. Sometímolo a votación e saíron un biscoito de fresas con nata e outro con chocolate, gominolas e virutas de cores. Fixemos a lista da compra e recordamos entre todos os ingredientes do biscoito.
O xoves fixemos os biscoitos na aula de cociña e o venres rematamos a súa decoración xa na clase, para de seguido soprar as velas e papala. As dúas estaban boísimas.
Rematamos a xornada cunha festa e convidamos os nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos. Foi un día moi especial e toda a xornada resumida en imaxes tédela a continuación.
20.6.16
9.6.16
CADROS COMESTIBLES
Para rematar as tarefas de cociña para este curso, así como o Proxecto de Centro sobre a pintura: Pintamos Moito, fixemos un cadro comestible. Falamos entre todos do que queríamos facer, que ingredientes necesitaríamos, estivemos na biblioteca vendo contos de receitas e libros de arte, de volta a clase comprobamos que precisábamos para facer a nosa obra, fixemos votacións e quedamos con algúns dos ingredientes que xa dixeramos, estivemos na cociña comprobando que cousas necesitábamos mercar, e ó día seguinte, comezamos a traballar. Empezamos facendo formas con fondant de cores, e descubrimos que, ó mesturar, aparecían cores novas. O día seguinte estivemos na cociña facendo o cadro e dividímonos en catro grupos de traballo. Cada grupo tiña una base de biscoito, e botáronlle ou marmelada de fresa ou nutella. Por riba colocamos as figuriñas de fondant e despois, de forma individual ,fixemos nun trociño de biscoito, a nosa propia obra de arte comestible, utilizando o biscoito sobrante e as figuras de fondant que decoramos tamén con rotus comestibles.
Nese momento de traballo individual os cativos foron de un en un botándolle ó cadro nata coas mangas pasteleras e fideos de cores e de chocolate. PASÁMOLO XENIAL!!!!!!
8.6.16
2.6.16
EMPANADILLAS POÉTICAS
Despois de adicar todo o mes de maio ás Letras Galegas e a Manuel María quixemos facer unha actividade de repaso de todos os seus poemas aprendidos e, para iso, o primeiro que fixemos foi anotar no encerado os poemas que recordábamos, ao mesmo tempo cos buscábamos en internet.
Foron un total de 13 poemas os recordados e decidimos que queríamos facer algo na cociña para que cada un repasara un poema distinto, así que pensamos que podíamos cociñar para introducir un papel co título de cada poema, propoñendo as seguintes comidas:
Foron varias as opcións pero decantámonos polas empanadillas non sen problemas porque... como fanse as empanadillas? pensábamos que con pan, pementos, sal, atún... Así que fumos a biblioteca a consultar que precisábamos para preparalas e despois comparamos os ingredientes que acertamos e os que non, polo que ao mesmo tempo elaboramos a lista da compra.
Despois de todo este proceso por fin fumos hoxe a cociñar e aínda ca nosa intención eran as empanadillas poéticas, non nos resistimos a preparar unhas empanadillas de bonito con tomate, que ademais estaban boísimas.
E, finalmente, abrimos a empanadilla co poema, comimos as migallas todas que quedaban enriba da mesa e fixemos un debuxo do que nos tocou.
A continuación tedes un resumo de toda a actividade:
24.5.16
EMPANADA DE MAZÁ
A semana pasada, aproveitando que estabamos na Semana da Froita, estreamos a aula de cocina facendo empanada de mazá.
4.5.16
PROXECTO DE COCIÑA
A pasada semana participamos no II Encontro de intercambio de experiencias educativas en Coruña presentando o proxecto da aula de cociña. Fixemos un pequeno resumo de como xurdiu a idea, con que apoio contamos, que recursos empregamos, cales foron as actividades que fixemos e contamos facer... e aquí os deixamos a presentación do proxecto para que todos podades coñecer a nosa aula de cociña un pouquiño máis a fondo.
13.4.16
OSOS DE DINOSAURIO
Ingredientes:
- Masa de hojaldre
- 1 ovo
- Chocolate negro e branco de fundir
- Azucre glass para decorar
Pasos:
1º Precalentar o forno a 180º.
2º Estendemos a masa de hojaldre e cortámolas en tiras de 2 cm. Cortarémolos outra vez para facer rectángulos de 8x2 cm. aproximadamente e faremos 12 pequenos tubos e 48 mini boliñas co resto de masa sobrante.
3º Cortaremos o chocolate en pequenos trociños e mesturamos os dous chocaltes. Colocamos a mezcla no medio do rectángulo do hojaldre e enrolámolos.
4º Uniremos as dous boliñas en cada extremo do tubo e pincelaremos co ovo batido.
5º Meteremos no forno uns 10 minutos ata que dórense un pouquiño, despois sacaremos e cando enfrien botaremos ó azucre glass.
11.3.16
TARTALETA DE FROITAS
Ésta foi a semana da Froita, e tendo en conta que hai nenos e nenas que non adoitan probar algunas delas, fixemos un obradoiro de tartaletas, con nata e trociños de froita: fresas, melón e un pouco de plátano e mazá para os que non poden probar todas as froitas. Pasámolo xenial, e o máis importante, absolutamente todos os cativos probaron as froitas que dicían que non lles gustaba e a nata!!!!!
1.3.16
PAN DE MARUXA
Onte, luns 29 de febrero celebrouse a inauguración oficial da cociña do cole, e para iso os superheroes e superheroínas cociñamos unhas tostas. O venres estivemos na cociña facendo o pan, precocinámolo e despois gardouse no conxelador ata o luns. Despois de cociñalo no forno, botámoslle tomate natural e xamón serrano, estaba boísimo, xa aínda que era para a inauguración da cociña pola tarde, quixemos probar o que cociñamos, algún comían o tomate a bocados!!!!
BISCOITO DE COCORICO
Para a inauguración da cociña quixemos facer diferentes receitas que aparecían nos contos e, para iso, fumos a biblioteca investigar.
Atopamos o conto de Cocorico, que un dos nosos preferidos, e decidimos facer o seu biscoito seguindo a receita que nos mostra ao final deste vídeo:
Ingredientes:
- 1 Iogur
- 2 ovos
- Raidadura de limón
- 3 envases de fariña
- 2 envases de azucre
- 1 envase de aceite quente
- 1 sobre de levadura
1º Escachamos os ovos, engadimos unha pizca de sal e batemos.
2º Raimos o limón e o engadimos nos ovos batidos.
3º Engadimos o iogur, a fariña tamizada e o azucre, e mesturamos todo con movementos envolventes.
4º Botámoslle a levadura para que medre e o aceite quente mentras mesturamos todo.
5º Untamos o molde con manteiga e botamos a mezcla.
6º Metemos o forno 30 min a 180º.
7º Desmoldar e adornar.
Aqui tedes un resumo de todo o proceso de elaboración do biscoito e o rico que nos soupo:
13.2.16
MAGDALENAS
Chegou o entroido e o tempo das larpeiradas e nos fixemos MAGDALENAS ARCO IRIS, este foi todo o proceso:
E magdalenas de chocolate:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)