Para a inauguración da cociña quixemos facer diferentes receitas que aparecían nos contos e, para iso, fumos a biblioteca investigar.
Atopamos o conto de Cocorico, que un dos nosos preferidos, e decidimos facer o seu biscoito seguindo a receita que nos mostra ao final deste vídeo:
Ingredientes:
- 1 Iogur
- 2 ovos
- Raidadura de limón
- 3 envases de fariña
- 2 envases de azucre
- 1 envase de aceite quente
- 1 sobre de levadura
1º Escachamos os ovos, engadimos unha pizca de sal e batemos.
2º Raimos o limón e o engadimos nos ovos batidos.
3º Engadimos o iogur, a fariña tamizada e o azucre, e mesturamos todo con movementos envolventes.
4º Botámoslle a levadura para que medre e o aceite quente mentras mesturamos todo.
5º Untamos o molde con manteiga e botamos a mezcla.
6º Metemos o forno 30 min a 180º.
7º Desmoldar e adornar.
Aqui tedes un resumo de todo o proceso de elaboración do biscoito e o rico que nos soupo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario