1.3.16

INAUGURACIÓN AULA DE COCIÑA

Onte inauguramos oficialmente unha nova instalación no colexio: un Aula de Cociña. Fixémolo con todas as honras: para que as familias se sintan orgullosas do colexio no que educan aos seus fillos e tamén para agradecer o apoio recibido de quen financieramente fixo posible o Proxecto (o Concello e a ANPA) Como convidados de honra tivemos a Fernando Agrasar, estrella Michelín e dono do restaurante As Garzas, e Carmen Trigo unha muller de Malpica cociñeira aficionada que leva máis de vinte anos compartindo os seus coñecementos coa poboación malpicá a través das clases de cociña da Asociación de Amas de Casa. Os convidados agasalláronnos con algúns platos saídos das súas cociñas e, ademáis,os escolares de Infantil e 1º ciclo preparáronnos algúns pratos inspiráronse en contos: Cocorico e o seu biscoito, a lúa de A que sabe a lúa?, o pan de Maruxa, a eiruga ... moi lerpeira. Tamén a nosa mascota foi que recibiu aos convidados desde a parede da aula. Estamos moi satisfeitos de que os proxectos do cole se trencen e complementen porque o obcestivo é o mesmo: a educación pública e de calidade. Na prensa: Que pasa na costa La Voz de Galicia

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario