Ésta foi a semana da Froita, e tendo en conta que hai nenos e nenas que non adoitan probar algunas delas, fixemos un obradoiro de tartaletas, con nata e trociños de froita: fresas, melón e un pouco de plátano e mazá para os que non poden probar todas as froitas. Pasámolo xenial, e o máis importante, absolutamente todos os cativos probaron as froitas que dicían que non lles gustaba e a nata!!!!!
Laboratorios de aprendizaxe do CEIP Milladoiro. Espazos e recursos creativos para TOD@S nos que SER, FACER, SABER e CONVIVIR.
11.3.16
TARTALETA DE FROITAS
Ésta foi a semana da Froita, e tendo en conta que hai nenos e nenas que non adoitan probar algunas delas, fixemos un obradoiro de tartaletas, con nata e trociños de froita: fresas, melón e un pouco de plátano e mazá para os que non poden probar todas as froitas. Pasámolo xenial, e o máis importante, absolutamente todos os cativos probaron as froitas que dicían que non lles gustaba e a nata!!!!!
1.3.16
PAN DE MARUXA
Onte, luns 29 de febrero celebrouse a inauguración oficial da cociña do cole, e para iso os superheroes e superheroínas cociñamos unhas tostas. O venres estivemos na cociña facendo o pan, precocinámolo e despois gardouse no conxelador ata o luns. Despois de cociñalo no forno, botámoslle tomate natural e xamón serrano, estaba boísimo, xa aínda que era para a inauguración da cociña pola tarde, quixemos probar o que cociñamos, algún comían o tomate a bocados!!!!
BISCOITO DE COCORICO
Para a inauguración da cociña quixemos facer diferentes receitas que aparecían nos contos e, para iso, fumos a biblioteca investigar.
Atopamos o conto de Cocorico, que un dos nosos preferidos, e decidimos facer o seu biscoito seguindo a receita que nos mostra ao final deste vídeo:
Ingredientes:
- 1 Iogur
- 2 ovos
- Raidadura de limón
- 3 envases de fariña
- 2 envases de azucre
- 1 envase de aceite quente
- 1 sobre de levadura
1º Escachamos os ovos, engadimos unha pizca de sal e batemos.
2º Raimos o limón e o engadimos nos ovos batidos.
3º Engadimos o iogur, a fariña tamizada e o azucre, e mesturamos todo con movementos envolventes.
4º Botámoslle a levadura para que medre e o aceite quente mentras mesturamos todo.
5º Untamos o molde con manteiga e botamos a mezcla.
6º Metemos o forno 30 min a 180º.
7º Desmoldar e adornar.
Aqui tedes un resumo de todo o proceso de elaboración do biscoito e o rico que nos soupo:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)