19.12.17

POLVORÓNS

Estamos en tempo de Nadal e, polo tanto, chegou o tempo das larpeiradas. Nesta ocasión fixemos polvoróns sen gluten, tivemos varias complicacións e quedáronos algo duros pero de sabor estaban moi ricos, aínda co mellor de todo foi poder traballar con as nosas máns. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: polvoróns.

RECEITA:

  • 500 gramos de fariña sen gluten.
  • 250 gramos de azucre glas.
  • 100 gramos de manteiga de porco.
  • 4 culleres pequenas de canela
Para comezar a elaboración, tostamos a fariña nunha sartén. Cando estea tostada, mesturamos nun recipiente co o azucre glas, a manteiga de porco e a canela.
A continuación, amásase a pasta coas mans e vaíselle dando forma.
Por último, metelos no forno a 170º ata que comencen a dourarse. Cando xa están listas, sácanse e espolvoréanse co azucre glas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario