7.6.24

CookLab_ Laboratorio de ideas_3º a 6º EP

 As actividades do COOk-LAB estarán repartidas en tres sesións cunha duración aproximada de hora e media cada unha.

1ª SESIÓN: o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria (3º-6º) estará dividido en grupos de (12alumnos/as) para acudir os diferentes laboratorios.

No COOK-LAB dividirase en tres grupos de catro alumnos; cada grupo estára composto por un alumno de cada curso de 3º ata 6º.

Nesta primeira sesión lévase a cabo unha pequeña explicación en inglés do que se vai facer neste laboratorio e das normas de seguridade a seguir.

Tamén se tomará nota dos alumnos que teñan algunha alerxia ou intolerancia a algún alimento co fin de evitar danos na saúde dos alumnos afectados.

Seguidamente preguntareille os alumnos sobre a súa dieta, se teñen unha alimentación saudable e a importancia dos hábitos saudables tanto na alimentación coma no exercicio físico para evitar a obesidade.

Mostrareille a pirámide alimenticia e comentaremos entre todos os tipos de alimentos e a súa influencia na nosa saúde.

Comentaremos tamén sobre as tarefas domésticas, quén as fai na súa casa, qué fai o alumno para axudar etc.

Por último cada grupo usará unha tablet para buscar unha receita de cociña ; unha vez elexida a receita por grupo escóllese a máis votada e escribese na libreta; despois elaboraremos unha lista de compra dos ingredientes necesarios para a receita en inglés e en español.

2º SESIÓN: nesta sesión lemos e traducimos oralmente primeiro e logo por escrito a receita escollida por eles e despois pasamos a súa elaboración directamente pois o tempo e moi xusto.

Cada alumno fai unha tarefa de maneira que todos participen na preparación dos ingredientes, no cociñado na degustación e por último na limpeza de todos os utensilios usados e tamén das instalacións

Mestres se cociña a receita os alumnos fan unha lista cos ingredientes usados co título FOOD VOCABULARY en inglés e español e outra lista cos utensilios usados para elaborar a receita co título KITCHENWARE; Tamén fan outra lista cos verbos das accións realizadas co título COOKING VERBS. Para traducir usarán as tablets.

Unha vez rematada a degustación os alumnos reparten unha pequeña cata o que lle resulta moi gratificante e motivador xa que ven reconocido o producto do seu traballo tanto polos profesores coma polos compañeiros.

Para documentar a actividade sacarei fotos dos alumnos elaborando as receitas e tamén do resultado final. Tanto coa tablet coma coa cámara.

3ª SESIÓN: nesta sesión preséntolle os alumnos unha receita inglesa ou americana Pegan a receita na súa libreta e pasamos a súa elaboración.

Primeiro leena e traducena oralmente e por escrito. Despois xa empezamos a preparación dos ingredientes, o cociñado, a degustación e finalmente a limpeza.

Mentras se leva a cabo o cociñado falamos das comidas de outros países e comparámolas coas nosas.

Volvemos a facer as listas de FOOD VOCABULARY cos ingredientes usados, KITCHENWARE utensilios de cociña empregados , COOKING VERBS acción realizadas na elaboración da receitas.

Por último facemos a degustación, repartimos una pequeña cata e limpamos o material e as instalación.

Cada vez que un grupo remata as tres sesións facemos unha valoración das tarefas realizadas no laboratorio de cociña, o que lle gustou máis o que lle gustou menos, o que cambiarían etc.

Accede á galería de imaxes premendo na fotografía:



Ningún comentario:

Publicar un comentario