1-ELABORAMOS O NOSO PERFUME
A programación deste laboratorio responde á necesidade de establecer unha serie de vínculos entre os modelos básicos das actividades científicas e a comprensión de determinados conceptos relacionados coa Natureza ( P.D.I. Medicus curat natura sanat). Este laboratorio posúe como obxetivo principal ou xeral a vivenciación a través do xogo,a exploración e a producción dos seus propios perfumes, destacando a organización previa de todo o proceso,a representación ,así como a seleccion individual de cada un dos ingredientes (compoñentes) de cada perfume. Como obxetivo final, cabe destacar a creación de actitudes indagatorias sobre a natureza e o mundo que nos rodea.
2-SECUENCIACION
A secuenciacion deste laboratorio dirixido a grupos de alumnado de 5ºE.I. a 2ºE.P. divídese en dúas sesións:
1ª sesión:
Nesta primeira sesión, partimos da presentación dun
conto a través do cal, tras a súa lectura,
nos
adentramos realidade cotidiana dos alumnos e a
discriminación olfactiva que podemos apreciar en
moitos momentos do día. A actividade suxerida a
partir desta escoita atenta do conto e posterior
comentado do mesmo, fai referencia á
representación ,mediante debuxo, de como sería o
seu perfume favorito(o envase,o nome,o xénero…).
A actividade seguinte ten relacción coa selección de compoñentes do perfume propio(elementos naturais como froitas,pétalos de flores,plantas variadas…),sen olvidar a existencia de compoñentes básicos (auga destilada e alcohol) que aparecen sempre na creación dun perfume. Como última actividade desta sesión cabe destacar a creación do propio perfume e a asimilación da necesidade dun tempo de espera e repouso do perfume en creación para que en varios días poidan ser liberados os aceites esenciais dos compoñentes naturais que seleccionaron.
2ªsesión:
Nesta segunda sesión ,ou final,destacamos a importancia das técnicas de precisión manipulativa necesarias para o trasvase do perfume creado a frascos de sprai cos que poden levar o seu propio perfume para as súas casas como producto final do laboratorio. Nesta sesión tamén se inician na actividade de plantar sementes que darán lugar a novos compoñentes para posteriores laboratorios de creación de perfumes.
Para acceder ás imaxes da galería, clica na seguinte fotografía:

Ningún comentario:
Publicar un comentario