17.6.24

LABORATORIO EXPERIMENTAL 3º A 6º


Vai rematando o curso e con el os laboratorios.

Ao longo de todo o ano, diversos grupos pasaron polo laboratorio experimental, onde aprenderon a coidar o medio que nos rodea, a respectar o noso entorno e a que con pequenas iniciativas tamén podemos axudar a mellorar a nosa contorna.

Neste laboratorio, investigamos, creamos, experimentamos e plantamos. Todo isto sempre dende unha perspectiva dinámica na que o alumnado estaba sendo partícipe do que ía aprendendo.

A través das diferentes actividades o alumnado foise concienciando e aprendendo para así acadar o seu produto final, unha planta que deberían coidar todos os días para que non morrera. Tarefa que realizaron moi ben!

A secuencia de actividades foi a seguinte:

Na primeira sesión divídese ao alumnado en equipos e pídeselle que inventen un nome para o seu grupo. Unha vez feito isto, repárteselle unha folla na que se recolle toda a información que deben buscar sobre a temática tratada. Xa para rematar buscarán en Pixabay imaxes sobre a deforestación para engadirlle ao Lapbook que crearán na seguinte sesión.

Na segunda sesión levan a cabo a creación do lapbook con toda a información recollida na clase anterior. Para facelo, empregan cartolinas, rotuladores e diversos materiais funxibles.

Xa na derradeira sesión facemos un experimento que lles permita ver a importancia da vexetación no chan e baixaremos ao patio plantar diferentes tipos de vexetais como leitugas, tomates, perexil…

A continuación deixamos algunhas imaxes do noso traballo. Clica para acceder!

Esperamos que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario